Skip to content

Details

Neste hackathón aprenderemos a deseñar as nosas PCB co software libre KiCad, partindo do esquema ao deseño do ciruito para compoñentes THD e SMD.

Unha vez que temos o PCB deseñado, veremos como xerar os ficheiros para crear as nosas placas, os ficheiros Gerbers para enviar a fabricar, ou SVG para fabricar en local cunha CNC.

Usando o software libre Gimp xeraremos os PNG necesarios para fresarlo na PCB, ou os negativos para facer a PCB con outros medios.

O exercicio que faremos é unha pequena PCB para aloxar un microcontrolador ATtiny412 que acenda e apague un LED.

Unha vez teñamos a PCB fresada, aprenderemos a soldar compoñentes SMD, usando nosas PCB e os compoñentes que serán proporcionados a cada participante do Hackathon.

Unha vez soldada a placa e revisada que este todo correctamente pasaremos a programar o microcontrolador mediante Arduino.

Ao final do día cada participante terá a habilidade de crear as súas propias PCB e programar as súas microcontroladores, un punto de partida para facer prototipos funcionais a baixo custo.

Máis info: https://github.com/aindustriosa/Hackathon-Fabricacion-Digital-Electronica

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica

Related topics

Events in Vigo, ES
Intellectual Discussions
Education & Technology
Learning
New Technology
Motivation & Success

You may also like