Skip to content

Obradoiro de síntese modular con MiniMo

Photo of Luis Diaz-Faes
Hosted By
Luis D.
Obradoiro de síntese modular con MiniMo

Details

Se che apaixona o mundo do son, a música electrónica ou a creación de instrumentos, este obradoiro é para ti.

Da man de José Luis González Castro, deseñador do miniMO, aprenderás a construír e dar vida a este pequeno pero cheo de posibilidades módulo de síntese sonora.

O sábado 13 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas, teremos unha cita para mergullarnos no mundo da síntese modular, no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.

Que imos facer?
Soldar as pezas do teu propio módulo miniMO, aprendendo as técnicas básicas de montaxe electrónica.
Programar o módulo para que cobre vida e produza sons únicos.
Explorar os conceptos esenciais dun sintetizador modular: osciladores, modulación, filtrado, control de tensión…
Experimentar en grupo, conectando varios módulos para descubrir novas posibilidades creativas.

Ao final do taller, levarás o teu miniMO montado e programado, listo para seguir explorando na casa. Non é preciso ter experiencia previa en electrónica ou programación: só curiosidade e ganas de aprender.

Máis información e detalles do proxecto: minimosynth.com.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Photo of A Industriosa group
A Industriosa
See more events
A Industriosa
Avda. Gregorio Espino 38 entresuelo 3 · Vigo, pw
Google map of the user's next upcoming event's location
FREE
15 spots left