Como enfrontarte a unha entrevista técnica
Details
Unha colección estruturada de técnicas para afrontar os procesos de selección máis esixentes nalgunhas das empresas de software máis competitivas.
Existe unha gran diferenza entre o traballo que realizamos no día a día e o que debemos facer para superar un proceso de selección técnico.
Nesta charla, Orestes Carracedo analizará e descomporá cada unha das fases máis habituais deste tipo de entrevistas, desde a preparación inicial ata as probas técnicas e as conversas finais.
O obxectivo será entender que se avalía realmente en cada etapa, como prepararse de maneira efectiva, que estratexias poden axudarnos a responder mellor e como ensaiar e revisar o noso rendemento para chegar con máis seguridade e confianza.
A charla será o mércores 25 de marzo ás 19:30 no local de A Industriosa.
