Ciberseguridade orientada ao ámbito doméstico
Details
Nesta charla abordaremos cuestións clave para mellorar a seguridade dixital no día a día da casa. Falaremos da xestión segura de contrasinais e dos distintos métodos de autenticación, como o 2FA, os códigos TOTP e as passkeys, así como de boas prácticas para reforzar a seguridade do router, segmentar a rede mediante VLANs e empregar DNS privado.
Tamén veremos como identificar intentos de phishing e os diferentes tipos que existen, ademais de ameazas cada vez máis habituais como o ransomware, as botnets de dispositivos IoT e os problemas relacionados coa privacidade en liña, como o fingerprinting, o rastrexo entre sitios web e distintas formas de reducir a nosa pegada dixital.
Para rematar, presentaremos un pequeno playbook básico de resposta ante incidentes: que facer —e que non facer— cando algo falla, para actuar con máis criterio, reducir riscos e evitar empeorar a situación.
