Skip to content

Details

O xoves 7 de maio teremos en A Industriosa unha charla con Sergio Carracedo sobre os fundamentos da intelixencia artificial e, especialmente, dos LLM.
Todo o mundo fala da IA, todo o mundo a emprega, pero sabes como espremela e sacarlle o máximo partido? Para iso é importante coñecer as bases dos LLM.
Nesta charla veremos, dun xeito claro e práctico:

  • Que é o contexto e que importancia ten (spoiler: moita) .
  • Como os LLM poden realizar accións.
  • Que son e como funcionan as SKILLs.
  • Que é un RAG e para que serve.
  • Que son os MCP.
  • Que se lle envía ao LLM cando ti preguntas algo.
  • Que é un axente e un subaxente.

Todo isto dende un punto de vista que te axudará a encaixar as pezas e entender mellor como funciona e como sacarlle máis partido.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Related topics

Events in Vigo
Education & Technology
New Technology
Computer Programming

You may also like