Skills de agentes: Unha mirada profunda
Details
Skills de axentes: Todos escoitamos falar das habilidades (ou skills) da IA e dos axentes, pero sabes como debe ser unha boa habilidade?
Nesta charla analizaremos cal é a estrutura dunha skill e como podemos, incluso, proporcionarlle scripts e código para que fagan exactamente o que agardamos. Veremos:
– Como escribir boas habilidades.
– Cando debemos empregalas e cando non.
– Como organizalas dependendo de se son propias, de terceiros ou da empresa.
– Onde atopar habilidades xa creadas.
Ademais, desenvolveremos desde cero unha skill baseada nun caso simulado pero realista: unha ferramenta que axudará aos equipos de produto da nosa empresa a migrar un compoñente de UI de xeito automático. Veremos como automatizar os casos posibles e como, no resto de situacións, o axente involucra o factor humano con suxestións para facilitar a migración.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
