Taller de iniciación a Java e a programación orientada a obxectos II
Details
Despois da boa acollida do primeiro taller de iniciación, lanzamos a segunda convocatoria tal e como prometéramos. Será o martes 19 de Setembro no Kaleido de 19:00 a 21:00. Traede os vosos equipos, todas as dúbidas que teñades e vinde a pasar un par de horas descubrindo a programación orientada a obxectos e Java. Por ir con un guión, propoñemos tratar:
• Instalar un IDE (os que non o fixeran no taller anterior).
• Herencia: dereitos de acceso.
• Herencia: encasulación.
• Poliformismo.
O rematar proporemos un exercicio para practicar o visto e axudaremos a aqueles que vos animedes.
Se tedes outras ideas ou dúbidas, tamén trataremos de responder e axudar no que poidamos.
Recordade que podes contactar con nos no canal #VigoJUG de Slack (https://slackin-vigotech.herokuapp.com), estamos atentos ;-)
Apertas,
Os organizadores do VigoJUG
