OBRADOIROS WORDPRESS CON JUAN HERNANDO


Details
Xa temos data para o primeiro Obradoiro de WordPress Iniciación do mes de abril da man de Juan Hernando. É un apaixonado do deseño e do desarrollo web, e imos ter a sorte de compartir o seu coñecemento e a súa longa experiencia profesional na materia.
Aquí vos deixamos os contidos do obradoiro:
¿Que necesito para ter a miña web? ¿Como instalar WordPress? ¿Como configuralo?.
Veremos que é e que non é WordPress e o proxecto WordPress.org. Aprenderemos as diferentes maneiras de descargar o famoso xestor de contidos e instalalo para ter a nosa propia páxina web. Veremos tamén a configuración e axustes básicos para comezar a funcionar con el e resolveremos as dúbidas que xurdan.
Así que animádevos a desfrutar desta sesión de coñecemento e bo rollo con Juan Hernando, que nos axudará moitísimo a achegarnos ao mundo do WordPress, da mellor das maneiras.
Se tes algunha dúbida escríbenos ao email ola@aredeira.gal, do mesmo xeito, se non podes acudir, comunícanolo con anterioridade para poder dispoñer da tua plaza.

OBRADOIROS WORDPRESS CON JUAN HERNANDO