XUNTANZA - Na Pont Up Store


Details
Xuntanza na Pont-Up Store!!!!
Unha hora = 60 minutos. Economía social e bancos de tempo.
O vindeiro 21 de setembro é o momento de volver a xuntarmos tralo verán, poñermos ó día e coñecer a outras comunidades da nosa contorna.
Unha hora ten o mesmo valor para todas as persoas: 60 minutos. Organizamos unha xuntanza onde poderás coñecer os bancos de tempo como ferramenta para dar vida a novos proxectos e iniciativas e dinamizar a túa contorna.
Vai dirixido a persoas con interese en coñecer os bancos de tempo e aquelas persoas que xa forman parte de iniciativas cidadás de este tipo.
Para calquera dúbida, suxerencia ou para inscribirte, mándanos un correo a ola@aredeira.gal e respostaremos o antes posible.
Tamén é super importante que todas aquelas persoas que confirmedes asistencia, avisedes se nón ides participar finalmente. Así daremos oportunidades a outras de que participen e poder organizar á Xuntanza de maneira máis eficaz :)
Vémonos o sábado 21 de setembro ás 19h na Sala X da Facultade de Belas Artes!

XUNTANZA - Na Pont Up Store