Create and redo clean applications with TypeScript


Details
Ano novo e... Charla nova! Empezamos este 2020 con moitas ganas e que mellor que facelo cunha charla dedicada ao clean code.
Nesta charla, aprenderemos das mans de Alberto Basalo (consultor e instructor especializado en Angular e Clean Code) a como crear e refacer aplicacións limpias e mantibles con TypeScript. Ao final da sesión aprenderemos en que consiste o movemento "software craftmanship", a como estructurar o noso código (estructuras de control, de datos...), a como nomear as nosas variables e funcións, a como organizar as nosas probas etc. E todo isto con exemplos en TypeScript.
E por suposto, ao rematar o evento iremos a tomar unhas cañas ao bar O Novo Queimada e facer un pouco de networking por cortesía de Corunet.

Create and redo clean applications with TypeScript