Skip to content

Details

Moi contentas de anunciar esta nova charla por moitos motivos:

O primeiro, volta das vacacións. Non é a mellor nova do mundo pero seguro faise máis levadeiro cunha boa charla e volvendo a ver toda a tropa do JUG.

O segundo, é unha charla que nos apetece moito. Unha de esas charlas nas que alguén da comunidade comparte a sua experiencia. Unha charla para escoitar e preguntar. A mesma charla que moitas veces tivemos durante as cervexas pero ordenada, ampliada e dispoñible para todo o mundo. En Coruña fanse cousas moi top, teremos unha boa oportunidade de coñecer unha delas de primeira man.

O terceiro, o poñente é un habitual do JUG e da comunidade coruñesa (e nacional tamén): Martín Pérez (mpermar) é Tech Lead/Engineering Manager en Cisco Webex Platform con máis de 17 anos de experiencia, habitual da comunidade Java dende os días de JavaHispano. E aínda ten tempo para sacar proxectos persoais (Koala Travel App ou Foro Repostería) ou sair ca bici.

A sua charla, nas suas propias palabras:

"En esta charla explicaré como se ha estructurado la arquitectura de microservicios dentro de Webex. Lo que ha funcionado bien, lo que no funcionó tan bien pero en general será un conjunto de experiencias para aproximar una arquitectura de microservicios y no desesperar en el intento. Veremos cuando tiene sentido embarcarse en una aventura así. Explicaré como los servicios gestionan el desarrollo, los pipelines, la monitorización y como es el proceso de gestionar y resolver problemas en una plataforma con más de cien microservicios que despliegan a producción múltiples veces cada día y que da soporte a más de 200 millones de usuarios cada mes."

O meetup farase no Centro Ágora, aula 9 (graciñas a CoruñaDixital pola colaboración) as 19:00 o xoves 26 de Setembro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 90 minutos.

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos patrocinados por Corunet (graciñas!!) no bar do lado para charlar un rato e relaxarnos un pouco e coñecernos.

Members are also interested in