Skip to content

Conversa aberta sobre a "Carta de Dereitos Dixitais"

Photo of
Hosted By
Coruña D.
Conversa aberta sobre a "Carta de Dereitos Dixitais"

Details

Nova sesión de Distopías Cotiás, encontros mensuais nos que reflexionar sobre o impacto das tecnoloxías nas nosas vidas.

Nesta ocasión propoñemos unha conversa aberta sobre a “Carta de Derechos Digitales”, elaborada por un conxunto de expertas/os por iniciativa da "Subdirección General para la Sociedad Digital" do Goberno de España. E actualmente en fase de consulta pública.

As consecuencias do capitalismo da vixilancia alcanzan ao poder democrático dos estados e as liberdades e dereitos dos individuos. E falando do espírito de defender a nosa sociedade, atópase agora esta Carta de Dereitos Dixitais.

Mudamos un pouco o formato, cunha conversa coa xente de Trackula: Sofía Prosper, Santiago Saavedra e Pablo Castro quen, xunto a outras voces, están a preparar unha resposta á consulta pública da Carta. Falaremos da súa forma e contido e abordaranse suxestións e críticas construtivas á mesma.

Aproveitaremos para mencionar os esforzos que tamén se están a realizar por parte de Europa como o paquete de medidas para os servizos dixitais (Digital Services Act), e en xeral, sobre como minimizar os riscos que as redes sociais e as grandes plataformas entrañan na nosa sociedade ao mesmo tempo que se pretende maximizar o seu valor.

A través do enlace que xa compartimos poderedes acceder á conversa e se o desexades, participar enviando as vosas preguntas e reflexións, que compartiremos en directo.

// Enlace directo: https://www.youtube.com/watch?v=EbAt8JnCR2M&list=PLo68KG0ZEUuyjozS44IXuL2uw7nTJoUQz&index=6

Online event
This event has passed