Meetup #6 - Introducción ás FPGA


Details
Co ano novo volvemos as meetups mensuais de Vigolabs (http://vigolabs.gal/), este ano intentando darlle continuidade para poder mellorar todos xuntos.
Este novo ano comezamos cunha meetup sobre "Introdución ás FPGAs", un dispositivo que nos últimos meses está collendo moita tracción (http://www.forbes.com/sites/aarontilley/2016/10/17/iphone-7-fpga-chip-artificial-intelligence/#609b731b337d) no mundo IOT debido á aparición de ferramentas libres que facilitan o acceso ao público non profesional.
Nesta charla falarase, entre outras cousas, sobre seguintes puntos:
- Que son as FPGAs? Como funcionan? Como se “programa” para elas?
- Diferencias entre FPGAs e procesadores de propósito xeral
- Cal será o papel das FPGAs nos próximos anos?
- Demo de prototipado rápido
Os poñentes van ser Xabi Crespo (https://www.linkedin.com/in/xabiercrespo) e Diego Hurtado (https://es.linkedin.com/in/diego-hurtado-de-mendoza-01605158/en). Xabi actualmente traballa para a startup holandesa Kien (http://www.kien.io/), ademais de ser consultor para outras empresas europeas. Diego traballa de investigador na Universidade de Vigo e leva a cabo proxectos de procesado de sinal e hardware embebido.
As charlas empezarán as 19:30, e debido ao extenso do tema, só teremos unha soa charla debido a que a EMAO ten que pechar as 21:00. Despois das charlas, como é habitual, iremos a tomar un refresco a algún lugar cercano.
O rexistro é obrigatorio debido ao aforo. Graciñas

Meetup #6 - Introducción ás FPGA