Skip to content

Details

O próximo Mércores 11 de Outubro vamos a a ter ao equipo de Uvigo Motorsport na decimoterceira meeetup de Vigolabs. Uvigo Motorsport é un equipo pertencente a Formula Student formado por estudantes de Universidade de Vigo. A formula Student é unha das competicións mais importantes do ámbito universitario, iniciada nos EEUU nos 80 que empezou en Europa dende no 1998. O obxectivo principal e que un equipo de estudantes deseñen, financien e fabriquen un monopraza e que poidan competir nas diferentes carreiras en diferentes circuítos europeos.

https://secure.meetupstatic.com/photos/event/7/d/d/a/600_464612218.jpeg

O proxecto de Uvigo Motorsport naceu fai tres anos, durante os cales deron varios saltos de calidade cos seus monoprazas, todo o esforzo foi recompensado neste últimos eventos, cando recibiron o premio o mellor traballo en equipo.

O meetup consistirá nos seguintes puntos:

• Historia Formula Student.

• Monoprazas por ano, ca evolución, cos seus erros e acertos.

• Monopraza temporada 2018, decisións e necesidades.

• Estrutura actual de Uvigo Motorsport.

Ao acabar, como sempre, iremos a tomar uns refrescos a cervexería mais próxima onde poderemos falar con parte do equipo.

O rexistro por motivos de aforo é necesario.

Related topics

You may also like