Skip to content

Details

Fainos moitísima ilusión programar un novo evento de WordPress Ferrolterra, despois de tanto tempo sen estar activos de forma presencial en Ferrol.

Propoñémosche que nos acompañes este venres 21 de Outubro ás 19:30h a unha charla taller da man de Anxo Sánchez, desarrollador web e co-organizador de WordPress Coruña.

👉 Anxo proponnos unha charla na que nos falará de:

  • A necesidade de ter unha web.
  • Como ten que ser esa páxina web.
  • De que ferramentas dispón alguén para realizala: WordPress, que é e por que utilizalo.
  • Canto custa facer unha páxina web.
  • ... vale, xa o teño... e agora que?

A súa charla daranos pé a crear un ciclo no que falaremos con distintos profesionais e darannos visións diferentes de cousas a ter en conta.

[https://anxosanchez.com]

Como nos encanta isto de coñecer de primeira man opinións de como se fan as cousas da man de profesionais que se dedican a iso!

👉 Ademais, no evento tamén teremos como convidada a Marta de Araoz Orduna, fundadora de FAMYC, unha Fundación sen Ánimo de Lucro que axuda a persoas maiores sen recursos económicos e aos seus coidadores non profesionais.

[https://www.famyc.es/]

Estamos moi contentos de poder contar con este tipo de asociacións que apoian á comunidade coa súa obra social.

👉 E que máis podes esperar do venres 21 de Outubro? Pois que te atoparás con xente moi agradable, con ganas de facer grandes cousas coas que podes establecer conversacións e quen sabe,... o mesmo é o inicio dun gran emprendemento. MOMENTO NETWORKING!.

👉 Onde será? Pois, por se non o lembras das outras dúas veces (xa fai moito a verdade...) será en 156 Coworking, centro de negocios na Estrada de Castela 156, Narón.

👉 Estaremos xuntos na charla e posteriormente para o networking farémolo nunha cafetería apalabrada.

Related topics

Events in Narón
SEO (Search Engine Optimization)
Web Development
WordPress
WordPress Plugins
WordPress Themes

Sponsors

Woo

Woo

Woo is the leading open-source ecommerce platform, built on WordPress.

Jetpack

Jetpack

Safer, faster WordPress.

WordPress com

WordPress com

We're a hosted version of the open-source software

Hostinger

Hostinger

Helping people build their online presence

You may also like