Taller de pan en forno de leña
Details
Propóñoche este taller totalmente práctico onde farás pan ao xeito tradicional participando en varias tarefas, das que destaco o amasado a man en artesa, a retirada das brasas do forno e o formado dos bolos e bolas.
Podes ver este vídeo de Youtube gravado no forno.
Incluso, se madrugas, poderás axudar cargar e prender o lume.
Se non sabes facer pan, é unha boa ocasión para aprender nun lugar pouco habitual. Contarás coa miña axuda para entender e guiarte no proceso.
Se xa fas pan na casa, experimentarás de primeira man aspectos sorprendentes da cocción en forno de pedra, ademáis do goze de traballar cunha masa de 6 ou 7 kilos.
O taller dura 5 horas para darlle tempo a masa a levedar.
Nos tempos mortos, prepararemos algo de comer que faremos no forno ou podes dar un paseo polo Camiño Real baixo a refrescante sombra dos castiñeiros e carballos.
Ao rematar o curso levarás para casa o teu pan. Bolo ou bola, ti decides.
10:00 Breve presentación.
10:15 Amasado en artesa.
10:30 Comezo do levedado.
11:00 Café.
11:30 Plegado da masa.
12:00 Preparación da comida/paseo.
13:30 Retirada das brasas e limpeza do forno.
13:45 Formado dos bolos e bolas.
14:00 Cocemos o pan (e a comida).
14:45 Retiramos o pan e comemos.
O pago farase por Bizum.
