Skip to content

Details

¡Hola Comunidad!

O próximo 03 de novembro terá lugar o noso primeiro evento presencial en moitos meses🎉🥳 ! Volvemos aos eventos cunha charla coloquio sobre algo que a moitos nos acompaña no noso día a día: Traballo Remoto. 

📆 Xoves 03 de novembro de 18:30 a 20:00

📍Salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal (Av. de Xoán XXIII, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña)

🎯 O obxectivo do evento: networking & aprendizaxe

Trátase de xerar un espazo de encontro entre diferentes membros do sector tecnolóxico (aínda que non exclusivamente) que actualmente realizan as súas actividades profesionais de forma 100% remota desde Galicia e persoas que teñen curiosidade ou dúbidas sobre adoptar ese modelo de traballo.

Consistirá dunha primeira parte na que  Rosa Veiga e Manuel Simón comentarán a súa experiencia, pros e contras sobre esta forma de traballo e os seus consellos persoais, e dunha segunda parte de open space-coloquio no que se dará espazo a todos os asistentes para participar, dar as súas opinións e presentar as súas inquietudes sobre o tema.

Pode asistir calquera persoa que teña interese na tecnoloxía aínda cando a súa actividade laboral non estea relacionada con ela, ou cuxo traballo se realice ou fose previamente en formato remoto, e tamén aquelas persoas que teñan interese en adoptar esta forma de traballar.

Buscamos crear un espazo seguro para o intercambio de ideas e que as persoas que asistan poidan conectar con outros profesionais.

📢 A organización fará cumprir este código de conduta ao longo do evento. Esperamos a colaboración de todas as persoas que participen para axudar a crear un ambiente seguro. 👉🏻 https://communityleads.dev/home/about-clp-help/code-of-conduct

Members are also interested in