Skip to content
This event was canceled

Coruña Hacks - Primeira Sesión

Photo of GPUL-BcnRust-BcnFS
Hosted By
GPUL-BcnRust-BcnFS and Coruña D.
Coruña Hacks - Primeira Sesión

Details

3 hackathons, premios e un gran ambiente, isto son os CoruñaHacks!

Volve CoruñaHacks, mantendo a intensidade da última edición. Un sábado ao mes xuntarémonos para desenvolver proxectos libres cun obxectivo claro: presentar unha versión funcional ao final do 3º hackathon, aló polo mes de maio.

Buscamos programadoras/es e deseñadores/as que traballarán a contra-reloxo durante estas 3 xornadas nos proxectos. E por suposto, os mellores proxectos terán premio!

  • Tedes toda a información en https://corunahacks.gpul.org/
  • Únete ao noso Slack que será o centro de comunicación da comunidade: https://bit.ly/39mZftr
  • Propón proxectos entrando na canle #coruñahacks dentro do Slack e conta esa idea que che ronda a cabeza dende fai tempo.

Previamente con todas as ideas e proxectos plantexados no Slack faremos unha votación entre todos e todas, para elixir os que realizaremos nos hackathons.

Neste primeiro hackathon teremos unha breve presentación de cada proxecto, faremos equipos e comezaremos a currar en eles, loitando por ser o mellor proxecto dos CoruñaHacks ;)

Coruña miniHacks tamén está de volta. Nesta edición tamén temos en paralelo unha versión para as cativas e cativos da casa. Podes atopar toda a información en https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-minihacks-2020-97993580437

Photo of GPUL group
GPUL
See more events

Canceled

Centro Ágora
Av. Gramela, 17 · A Coruña, La