Skip to content

PHPVigo #35: "Podo facer todo iso con GIT?" + "Historia codificación caracteres"

Photo of Félix Gómez
Hosted By
Félix G. and Rolando C.
PHPVigo #35: "Podo facer todo iso con GIT?" + "Historia codificación caracteres"

Details

🎉 Iniciamos a tempada 2020 de PHPVigo co Meetup #35!

OLLO a todo o que te espera neste meetup:

✔️Podes gañar unha licenza de JetBrains
✔️Podes gañar un mes de CodelyTV Pro
✔️Podes gañar un libro escrito por Fabien Potencier

📆 Mércores 22 de xaneiro
🕢 Ás 19:30
⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️
🏢 Oficina Municipal de Distrito de Casco vello 👉http://bit.ly/meetupLocalizacionOMDCV 👈
ESPAZO CEDIDO GRATUITAMENTE POLO
CONCELLO DE VIGO COA COLABORACIÓN DA
CONCELLERÍA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️
🍻 E a partires das 21:15 faremos networking nunha cafetería da zona
🗣️ AS CHARLAS

👨‍🏫 De verdade podo facer todo iso con GIT? (@jesusamieiro)

Levas tempo traballando con Git, xa sabes como crear un repositorio, clonalo, facer un commit, colaboras coa xente do teu equipo con push, pull,... pero sabes que hai moito máis detrás, só que aínda non tiveches tempo para aprender o que che permitirá sacar o máximo partido a Git.
Nesta sesión explicarei algúns conceptos avanzados que che permitirán levar o teu fluxo de traballo ao seguinte nivel: cherry-pick, stash, bisect, blame, reset, rebase, squash e reflog.
Ao final desta sesión coñecerás unhas funcionalidades de Git, xunto cos seus comandos, que che permitirán saltar ao seguinte nivel como usuario de Git.
O guión proposto para a sesión é o seguinte:

  • Breve introdución a Git.
  • Explicación dos comandos indicados:
  • Cherry-pick para aplicar cambios entre ramas sen ter que realizar un merge completo.
  • Stash para poder cambiar de rama sen ter que realizar un commit e non perder o traballo.
  • Bisect para a detección de erros e cando se produciron.
  • Blame para obter a información sobre quen e cando introduciu un cambio particular.
  • Reset para desfacer os cambios.
  • Rebase e squash para reescribir a historia de Git.
  • Reflog para a recuperación do traballo perdido.
    Cada comando será explicado cun exemplo moi sinxelo.

👨‍🏫 A historia da codificación de caracteres utf8_encode('Onde están os meus €€€'); (@davidnegreira)

Se te preguntaches algunha vez por qué existen tantas codificacións diferentes e por qué aínda a día de hoxe de cando en vez ves algunha web cun «?» en lugar de tildes non te perdas esta charla.
Contaremos a breve pero intensa historia da codificación de caracteres e por qué chegamos ata onde estamos.

🎯 O CONCURSO

Como é habitual, ao finalizar as charlas xogaremos ó Kahoot! (Se non nos deixa tirados esta vez) e isto qué é? Sinxelo:

❓ 10 preguntas
🤔 4 posibles respostas por pregunta
⏱️ 20 segundos por pregunta
🕺 Gaña puntos respondendo correctamente
💨 A velocidade na respuesta conta
🥇 O que máis puntos consiga decide so seu premio e así sucesivamente

Qué premios podes obter?

👌 Grazas a Jetbrains (https://www.jetbrains.com/) podes gañar unha licenza para calquera dos seus IDEs
👌 Grazas CodelyTV podes gañar unha licenza a súa plataforma de formación CodelyTV Pro (https://codely.tv/pro/cursos)
👌 Grazas a BlackFire podes gañar un exemplar do libro "PHP Code Performance Explained" de Fabien Potencier
👌 Grazas a todos os que fixeron posible a PulpoCon19 podes levar unha camiseta do evento do ano en Galicia

🍻 AS CAÑAS

O terminar o concurso cambiaremos de ubicación. Iremos a algún local da zona onde desfrutaremos do que chamamos "o verdadeiro PHPVigo": Xente de ben ao redor de varias mesas xuntas que comparten experiencias nun ambiente distendido.

Por suposto non é preciso beber cervexa, hai quen toma viño, auga, refrescos... incluso hai quen pide hamburguesa... o único que importa é que veñas con gañas de pasar un bo rato.

⁉️ DÚBIDAS

Se tes calquera dúbida podes atoparnos dándoo todo no Slack de VigoTechAlliance https://slackin-vigotech.herokuapp.com/ (canal #PHPVigo)

Photo of PHP Vigo Meetup group
PHP Vigo Meetup
See more events