Skip to content

What we’re about

Ola! Son educadora social e tamén alguén que coñece o sentimento de soidade en 1ª persoa. Estou creando este grupo para persoas adultas que non teñen rede cercana ou se sinten soas co obxectivo de pasar tempo xuntas, compartir experiencias sen temor ao xuizo ou vergoña e compartir de maneira segura e respetuosa.
Á larga a idea é que este grupo poida convertirse nunha especie de familia escollida e a longo plazo dar un paso cara unha asociación que apoie a persoas en situación de soidade ou sen rede de apoio.
Creo que xa é hora de que ninguén se sinta só se non o elixiu e por fin teña o vínculo seguro que igual nunca tivo. A soidade non é só cousa de persoas maiores.
Únete, e se che da medo ou vergoña falamos para irnos coñecendo.

Group links

Organizers

L
Lucía V.

Members

13
See all