Skip to content

Details

Tes unha idea xenial de negocio online.

Sabes que problema solucionar e tes identificado a que tipo de clientes vas axudar.

Xenial!

Xa só queda un paso para ser millonario.

Crear o sitio web e tirarte ao sol agardar que os clientes enchan os datos na pasarela de pagamento.

Arremángaste.

Mans á obra!

Uf... uf...

Daste conta que non sabes por onde tirar. Que opción marcar. Que ferramenta instalar e estás máis perdido que un polbo nun garaxe!

Suores fríos.

Tanta boa idea que se che ocurriu, tantas ilusións que tiñas, tantos ceros na conta bancaria que agardabas... todo pola borda?

Pois non!

Escoita. Montar un WordPress desde cero é sinxelo. Poderiamos dicir máis, é menos complexo que armar un moble de IKEA.

Non o cres?

Entón non podes perder a nova edición da Meetup de WordPress de Lugo da man de Juan Ramón Morales, deseñador gráfico e web en Diseñarte.

Aprende a como configurar un WordPress recén instalado desde cero.

📅 Terá lugar o próximo mércores (si, mércores!) día 30 de outubro a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

🍻 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador do Meetup LucusHost.

Sponsors

Woo

Woo

Woo is the leading open-source ecommerce platform, built on WordPress.

Jetpack

Jetpack

Safer, faster WordPress.

WordPress com

WordPress com

We're a hosted version of the open-source software

Concello de Lugo

Concello de Lugo

Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua

You may also like