Skip to content

Luces, Cámara… WordPress!: Potencia a túa web co Videomarketing

Photo of Carlos Longarela
Hosted By
Carlos L. and 2 others
Luces, Cámara… WordPress!: Potencia a túa web co Videomarketing

Details

Es de aforrar en imaxes e vídeos no teu WordPress por medo a empeorar o tempo de carga?

Ah, pero seguro que che pasou entrar nalgunha web con pouco contido audiovisual e pensar: "uff… moito texto". Pois o videomarketing é a ferramenta que estabas a buscar para facer que a túa web fale, enganche e mesmo venda por ti.

O contido audiovisual leva varios anos sendo un grande aliado para captar e reter a atención da túa audiencia, xerar engagement, aumentar a conversión, mellorar o teu branding e un sen fin de vantaxes adicionais. E ti segues sen aproveitalo para potenciar o teu negocio?

"Pero iso de facer vídeos é moi difícil. E, para a miña web? Vai pesar moito."

Que va! Tes moitos recursos dispoñibles: desde plugins ata bancos de vídeos e editores gratuítos para comezar a túa viaxe ao mundo do videomarketing en WordPress.

Anímaste?

📅 Terá lugar o próximo mércores día 27 de novembro a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

🍻 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador do Meetup LucusHost.

Photo of WordPress Lugo group
WordPress Lugo
See more events