Este Nadal envía algo que ninguén espera... e feito con WordPress!


Details
Que?
Pensaches que o Nadal era só para mandar gifs trangalleiros polo WhatsApp?
Ou para aturar ao teu cuñado na cea de Noiteboa?
Pois non!
Iso está máis visto que o Apalpador comendo castañas!
Este ano, se queres ser máis crack que Papa Noel entrando pola unha cheminea de 25cm ven connosco á próxima Meetup de WordPress de Lugo.
Que imos facer?
Crear un plugin de WordPress que envíe felicitacións de Nadal.
Así é, un complemento personalizado que fará que parezas o Bill Gates das sobremesas familiares.
Non tes nin idea de programar?
Sen faio, non precisas ser un hacker ruso.
Só ter curiosidade e moito espírito de Natalicio. Aquí ensinámosche paso a paso como facer algo molón sen explotar o teu cerebro.
E por se non era suficiente, ao rematar, brindaremos por un gran ano 2025 grazas ao noso patrocinador, Lucushost.
Nin Papá Noel nin os Reis Magos. Este ano, o que vai sorprender aos teus seres queridos cunas felicitacións patrocinadas por WordPress Lugo es ti.
Recorda:
🎁 Data: mércores 18.
🎁 Hora: 19h
🎁 Lugar: Vello Cárcere, Lugo
A túa web está a pedir un pouco de Nadal. E nós estamos a pedir un pouco de ti.
Ven!

Sponsors
Este Nadal envía algo que ninguén espera... e feito con WordPress!