Skip to content

Details

Pon atención.

Escoitas iso?

Si, estou seguro que si.

É unha música xa coñecida.

Tan apocalíptica como non atinada.

Son os expertos que levan matando ao SEO desde que existe como disciplina no márketing online.

Mira.

Todos os anos o mesmo

En 2013 o SEO morrera porque Google lanzou Panda.

Que se preparen as webs de merda porque agora Google valora a calidade! - Como se iso non fose a base do SEO de sempre...

En 2016 o SEO morreu porque Google comezou a mostrar respostas directas.

Google vai roubar todo o tráfico coas respostas rápidas! - O medo durou ata que aprenderon a optimizalas.

En 2024 o SEO morreu porque agora todo o contido é xerado por IA.

Os modelos GPT trouxeron o mantra de “a IA fará todo o contido” - Pero as webs mediocres seguiron sendo mediocres.

Nada morre.

Simplemente cambia.

E a iso si que tes que prestarlle atención.

De como xestionar o SEO en 2025 falaremos na próxima Meetup de WordPress de Lugo con Borja García, Consultor SEO & Content Manager en estati.co.

📅 Terá lugar o próximo mércores día 29 de xaneiro a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

🍻 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador do Meetup LucusHost.

Events in Lugo
WordPress
WordPress SEO

Sponsors

Sponsor logo
Bluehost
Bluehost makes building, growing, and managing WordPress websites easy!
Sponsor logo
Woo
Woo is the leading open-source ecommerce platform, built on WordPress.
Sponsor logo
hosting com
Global hosting, community roots, built for what’s next
Sponsor logo
Jetpack
Safer, faster WordPress.
Sponsor logo
WordPress com
We're a hosted version of the open-source software
Sponsor logo
Kinsta
Build with WordPress, grow with Kinsta.
Sponsor logo
Concello de Lugo
Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Sponsor logo
LucusHost
Hosting WordPress especializado Made in Lugo

Members are also interested in