Skip to content

WordPress non é só para blogs, descubre Lugo Conecta

Photo of Anxo Sánchez
Hosted By
Anxo S. and 2 others
WordPress non é só para blogs, descubre Lugo Conecta

Details

Pon atención!

Non, non é un evento máis.

É WordPress collendo a palabra e dicindo: "non son só un blog cutre nin unha web corporativa do 2009 feita cun tema trangalleiro."

Non!

Ímosche ensinar algo distinto.

Un proxecto real. Feito en Lugo. Para visibilizar o talento de Lugo.

LUGO CONECTA.

Un directorio de profesionais dixitais da zona. Desenvolto por persoas que viñeron ás pasadas Meetups, que se coñeceron, colaboraron e decidiron facer algo xuntos.

Así, sen humo nin funnels.

Un escaparate para demostrar que con WordPress se pode facer moito máis do que pensas.

Vén, bótalle unha ollada ao que fixemos e xa xulgas.

Porque cando se combinan coñecemento, comunidade e código aberto... pasan cousas.

📅 Terá lugar o próximo mércores día 25 de xuño a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

🍻 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador do Meetup LucusHost.

Photo of WordPress Lugo group
WordPress Lugo
See more events
FREE