Skip to content

Details

Tes un blog en WordPress e déixame adiviñar, non o visita ninguén!

Non sae en nos buscadores. Non recibe visitas e o único usuario que rexistra Analytics es ti mesmo cando abres a web aburrido desde o móbil.

Queres que iso cambie? Porque si, é posible cámbialo. E para iso vouche ensinar como grazas á IA.

Non, non falo de que ChatGPT escriba catro parrafiños sen alma. Falo de ferramentas máis descoñecidas pero potentes para estas tarefas, como NotebookLM, que che axudan a organizar contido, atopar ideas, mellorar textos e, sobre todo, facer que Google che vexa.

Ben o sabes, ou apareces nos buscadores ou non existes.

E o SEO xa non é só poñer catro palabras clave en letra grosa: é saber contar ben as cousas, conectar coas persoas, ter autoridade… e aproveitar a tecnoloxía que tes ao alcance da man.

Este mércores 24 de setembro ás 19:00h no Vello Cárcere de Lugo (nova ubicación provisional: o patio), Saúl Vérez, consultor SEO, deseñador web e membro da comunidade WordPress Lugo, vai ensinarche como estas ferramentas poden darlle vida ao teu blog.

E si, ao rematar, tamén haberá tempo para tomar algo e seguir a conversa grazas ao noso patrocinador da Meetup Lucushost.

Related topics

Events in Lugo
Web Development
WordPress
WordPress for Business
WordPress Small Business Websites

Sponsors

Woo

Woo

Woo is the leading open-source ecommerce platform, built on WordPress.

Jetpack

Jetpack

Safer, faster WordPress.

WordPress com

WordPress com

We're a hosted version of the open-source software

Concello de Lugo

Concello de Lugo

Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua

You may also like