Skip to content

10 accións que DEBES FACER se queres ARRUINAR a túa páxina web

Photo of Jorge López
Hosted By
Jorge L. and María P.
10 accións que DEBES FACER se queres ARRUINAR a túa páxina web

Details

«Espertas un día e, sorprendido, notas unha especie de enerxía na túa cabeza.

É algo estraño.

Raro.

Dáche un pouco de medo. Nunca antes identificaras esta sensación.

Resulta que tes... unha idea!

Unha idea xenial. Fantástica. Estupenda. Rompedora.

Vas solucionar un montón de problemas. A vida dun tipo de cliente vai mellorar se abren a súa carteira e depositan os seus cartiños na túa conta bancaria.

Vaste facer de ouro!

Mans á obra. Hai que crear unha páxina web para mostrarlle ao mundo o negocio do século. Sínteste que nin Elon Musk.

Buscas en Google e contratas a un deseñador web. Ala van miles de euros.

Así, sen anestesia.

Mira. Sonche sinceiro.

Tiraches os cartos.

Hai moito falabarato que che mete o medo no corpo con cuestións que a ti pouco che importan.

Ao final, só serven para que che saquen o diñeiro para maior ego do deseñador.

O importante dunha páxina web é colocar elementos xuntiños e ben coloreados. Para chamar a atención.

E subir toda a galería de imaxes que tes no móbil. Así. Directamente. Como quen ensina as 347 fotos da súa última viaxe na comida familiar.

O lugar onde aloxar a páxina web? Ninguén fala de que por 2-3€ vas máis que sobrado para ter en internet a web do teu negocio.

E vai a quen contrataches e intenta colarte un de 150€. Andaaaa...

Easy, my friend.

Agora, vouche ser honesto.

Se pensas así, arruinaches a túa web.

Iso explica por que non recibes unha soa visita ao mes».

Resónache?

Pásate o mércores día 4 de decembro ás 19:00, por MAGMA ESPACIO COWORKING en Ourense**, e solucionámolo.**

Estará connosco Anxo Sánchez, deseñador web e membro da comunidade de WordPress de Lugo (entre outras cousas que non podemos dicir aquí), quen deixonos esta mensaxe a última vez que falamos con il.

Ao rematar tomaremos algo para comentar as mellores xogadas do partido, grazas os nosos patrocinadores da Meetup Lucushost, en Charlotte, Ourense. ;)

P.D.: veste a Telegram e non te perdas nada do que pasa na nosa MeetUp 🔥

Photo of WordPress Ourense group
WordPress Ourense
See more events