Sat, Feb 21 · 11:00 AM CET
En A Industriosa organizamos unha charla en colaboración con AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre), unha iniciativa de empresas galegas que se agrupan para xerar oportunidades, reforzar a interlocución do sector e promover un modelo de sociedade do coñecemento baseado na liberdade para mellorar e compartir o software.
A cita será o sábado 21 de febreiro ás 11:00, na Industriosa, e está pensada tanto para persoas que xa traballan con ferramentas libres como para quen queira achegarse por primeira vez e entender que papel xoga AGASOL no ecosistema tecnolóxico galego.
A sesión será impartida por Luis Alberto Fernández Marqués, gerente de AGASOL, que nos presentará a súa misión, os seus principais produtos e o valor que achegan ás persoas usuarias e ás organizacións, cun enfoque accesible e directo, ideal se aínda non coñeces a asociación.
Ao longo da charla tamén se compartirán exemplos e casos reais nos que diferentes entidades melloraron procesos e resultados grazas a solucións vencelladas ao ecosistema de AGASOL, para ver aplicacións prácticas e aprendizaxes trasladables a outros proxectos.
Como peche, abriremos un espazo de preguntas e respostas para resolver dúbidas, pedir detalles e explorar posibles vías de colaboración.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).