En maio xuntámonos para falar de 'A pintura debida', de Fabio Rivas. Lemos poucos libros de relatos; este gustounos moito en xeral pola súa escrita, pero tamén recibiu algúns reparos por algúns elementos concretos do contido.
Para a nosa duodécima conversa (en xullo, na finde anterior ao Santiago) escollemos 'Matarán a Reboiras', de Luís Rei Núñez, co que pasamos de dous autores noveis seguidos a un veterán das letras galegas, cunha ducia de novelas, e máis dunha extensa, coma esta :). Neste caso, Rei Núñez fala de manipulación informativa sobre o fondo dos últimos corenta anos de vida política en Galicia https://www.xerais.gal/libro/narrativa/mataran-a-reboiras-luis-rei-nunez-9788411100762/
Se non o queres comprar, podes descargalo en Galicia Le: https://catalogo.galiciale.gal/Record/Xebook1-2709. Pero ollo, nestas non nos vai valer poñernos a ler a fin de semana seguinte, así que haberá que aproveitar o verán!
E para as seguintes veces:
- para o 8 de setembro de 2024: 'O amigo', de Sigrid Núñez (Rinoceronte), a primeira tradución que leremos
- en novembro de 2024, aínda sen data: 'Un anarquista' de Diego Ameixeiras (Xerais).