Skip to content

Conversa sobre 'O amigo', de Sigrid Nunez

Photo of Xabier Cid
Hosted By
Xabier C. and Daniel U.
Conversa sobre 'O amigo', de Sigrid Nunez

Details

En xullo xuntámonos para falar de 'Matarán a Reboiras', de Luís Rei Núñez, unha novela que ten partes de ficción e partes de historia verdadeira. En xeral, gustounos a parte de relato histórico e un tanto menos a parte de elaboración ficcional, pero houbo opinións para todos os pareceres.

Para a nosa decimoterceira conversa (en setembro, no segundo domingo) escollemos 'O amigo', de Sigrid Nunez. Nesta obra mudamos de todo, menos de apelido: será a primeira tradución que leamos e cóntanos dunha amizade moi especial, entre a protagonista e o can do finado do amigo. Esta será tamén a primeira vez que leamos un libro editado por Rinoceronte https://rinoceronte.gal/produto/o-amigo/

Aínda que podes facer trampa e lelo en inglés, castelán e máis linguas, recomendámosche que o merques en galego, ou que o pidas emprestado.

E para a seguinte vez, que será no domingo despois das eleccións nos Estados Unidos teremos 'Un anarquista' de Diego Ameixeiras (Xerais).

Photo of Clube de lectura Diáspora group
Clube de lectura Diáspora
See more events