Skip to content

Conversa sobre 'Un anarquista', de Diego Ameixeiras

Photo of Xabier Cid
Hosted By
Xabier C. and Daniel U.
Conversa sobre 'Un anarquista', de Diego Ameixeiras

Details

En setembro xuntámonos para falar d'O amigo, a tradución ao galego da novela de Sigrid Nunez, xustamente o día despois de que Pedro Almodóvar gañase o León de Ouro de Venecia por un filme baseado noutra novela de Nunez. Houbo en xeral un consenso positivo sobre o libro, especialmente o final, e tanto a parte da dó, como da relación cos animais, como as reflexións metaliterarias.

Para a nosa decimocuarta conversa (no segundo domingo de novembro, despois das eleccións estadounidenses) escollemos 'Un anarquista', de Diego Ameixeiras, unha novela negra e unha novela histórica tamén, ambientada na Barcelona da Transición e protagonizada por un emigrante galego. A novela de Ameixeiras está editada por Xerais (https://www.xerais.gal/libro/narrativa-narrativa/un-anarquista-diego-ameixeiras-9788411105156/), ten só 112 páxinas e, ademais de nas túas librarías habituais, tamén podes lelo electronicamente en GaliciaLe: https://catalogo.galiciale.gal/Record/Xebook1-3331.

E para a seguinte vez, que será no domingo despois de Reis (xa en 2025!), teremos 'Tras do ceo', a última novela de Manuel Rivas (tamén en Xerais)... e se cadra algún agasallo máis que nos traia o Apalpador. :)

Photo of Clube de lectura Diáspora group
Clube de lectura Diáspora
See more events