Skip to content

Falamos sobre 'A vexetariana', de Han Kang -- e máis cousas

Photo of Xabier Cid
Hosted By
Xabier C. and Daniel U.
Falamos sobre 'A vexetariana', de Han Kang -- e máis cousas

Details

Traemos moitas novidades desta vez para o evento de marzo.

Primeiro é que nos xuntaremos o 16 de marzo, como sempre ás 20:00 hora de Galicia, para falar d'A vexetariana, a novela de Han Kang. Será a primeira vez que leamos un libro dunha autora asiática, traducida directamente ao galego por Alba Verea, e será tamén a primeira vez que leamos o libro dunha autora de Nobel (déronllo este 2024).

O segundo é que en maio leremos dúas cousas, o 11 de maio (xusto a fin de semana anterior ás Letras). Leremos os Contos gringos, de Lara Dopazo, e leremos A man esquerda, de Xabier Quiroga. Por que dous? Porque os Contos gringos son pequeniños, porque nos petou e porque nos viñemos arriba. Pero ata o de agora sempre lemos 1 libro só.

Terceiro: demos a benvida a Carla, :) pero aínda é cedo para que se sume ao clube.

E para rematar, que falamos de 'Tras do Ceo', de Manuel Rivas que en xeral gustou bastante, pero tamén había 3 ou 4 superfáns de Rivas, así que é normal que prestase. E como bóla extra comentamos 'O coala', un libro que puxemos ás agochadas de Daniel, e que foi sorpresa. E tamén nos gustou moito, para roibén de Daniel e satisfacción do resto.

Pero é que ademais este vai ser o último anuncio que fagamos de evento a través de Meetup, porque mudamos de casa. :) Imos pasarnos a Eventbrite e a whatsapp. Pero iso explicámolo noutro correo. Se queredes apuntarvos, velaquí: https://www.eventbrite.com/e/falamos-da-vexetariana-de-han-kang-tickets-1152515046529

Photo of Clube de lectura Diáspora group
Clube de lectura Diáspora
See more events