About us
Cociñaremos en grupo nun forno de pedra tradicional.
Queremos recuperar o seu uso comunal, pero adaptado ás receitas e xeitos actuais porque nas fornadas poden convivir os moletes cos cinnamon buns.
Upcoming events
1
- €60.00

Taller de pan en forno de leña
Santalla de Devesa, Corral de Abaixo 1, Friol, ESPropóñoche este taller totalmente práctico onde farás pan ao xeito tradicional participando en varias tarefas, das que destaco o amasado a man en artesa, a retirada das brasas do forno e o formado dos bolos e bolas.
Podes ver este vídeo de Youtube gravado no forno.
Incluso, se madrugas, poderás axudar cargar e prender o lume.
Se non sabes facer pan, é unha boa ocasión para aprender nun lugar pouco habitual. Contarás coa miña axuda para entender e guiarte no proceso.
Se xa fas pan na casa, experimentarás de primeira man aspectos sorprendentes da cocción en forno de pedra, ademáis do goze de traballar cunha masa de 6 ou 7 kilos.
O taller dura 5 horas para darlle tempo a masa a levedar.
Nos tempos mortos, prepararemos algo de comer que faremos no forno ou podes dar un paseo polo Camiño Real baixo a refrescante sombra dos castiñeiros e carballos.
Ao rematar o curso levarás para casa o teu pan. Bolo ou bola, ti decides.
10:00 Breve presentación.
10:15 Amasado en artesa.
10:30 Comezo do levedado.
11:00 Café.
11:30 Plegado da masa.
12:00 Preparación da comida/paseo.
13:30 Retirada das brasas e limpeza do forno.
13:45 Formado dos bolos e bolas.
14:00 Cocemos o pan (e a comida).
14:45 Retiramos o pan e comemos.O pago farase por Bizum.
1 attendee
Past events
1

